A música combinada cos xogos malabares de Patxaranga deleitou aos asistentes á queimada proletaria do pasado venres no cámping Gaivota, en Benquerencia. O seu propietario, Celso Dourado, elaborou unha importante programación cultural que se desenvolverá ao longo de todo este verán tanto no cámping coma no Eido Dourado. O cámping Gaivota celebra neste 2013 o seu 25 aniversario. Por este marco pasaron xa Cé Orquestra Pantamas e Patxaranga. O vindeiro venres, 26 de xullo, será tempo para escoitar as rapazas de Habelas Hainas dentro das queimadas proletarias misturadas con músicas de raíz, que teñen lugar todos os venres de xullo e agosto a partires das 23 horas.
Queimada proletaria no cámping Gaivota
Queimada proletaria no cámping Gaivota
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo