Un ano máis no período estival chegan as tan merecidas vacacións para os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. Chegou o momento de gozar da praia, o verán, pero antes quixeron compartir unha xornada de convivencia, o día 31 de xullo, onde empezaron a mañá realizando xogos populares no C.R.P.L. de Burela para logo dar paso a unha gran comida no restaurante Nordés. A próxima cita será no mercado medieval de Mondoñedo, os días 10 e 11 de agosto, onde a entidade colocará un posto cos traballos realizados polos usuarios nos distintos talleres ocupacionais.
Recibindo o verán na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña
Recibindo o verán na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”