O xoves 25 de xullo, coma unha pequena homenaxe ó Día de Galicia e sempre e cando o tempo climatolóxico o permita, o departamento de Cultura do Concello do Valadouro ten prevista a celebración dun recital poético literario a cargo de varios membros de varias asociacións do concello de O Valadouro. A cita é o xoves, 25 de xullo a eso das 20:00h. na praza de Santa María en Ferreira (O Valadouro). Ademais da velada poética habera música galega interpretada por un grupo de gaiteiros e a actuación musical dunha cantante local.
Recital poético no Valadouro no Día de Galicia
Recital poético no Valadouro no Día de Galicia
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove