A oitava edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo (auditorio Hernán Naval, 12-16 de agosto) conta por vez primeira con obradoiros impartidos polos seus intérpretes. Os artistas convidados serán: Cecilia String Quartet -Caitlin Boyle, viola; Rachel Desoer, violonchelo; Min-Jeong Koh, violín e Sarah Nematallah, violín-, Jorge Blasco, piano e Leopoldo Erice, piano. Todos os concertos terán lugar no auditorio cunhas entradas que se venderán a 11 euros, mentres que o abono para os cinco días custará 50. As entradas poñeranse á venda na taquilla os días dos concertos de 12 a 13 horas e de 20 a 21:30 horas. Toda a información na páxina do Festival:www.fimcr.com.
VIII FIMC de Ribadeo
VIII FIMC de Ribadeo
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder