As XI Xornadas de Historia Local da A.C. Francisco Lanza celebraranse entre o martes 30 e o mércores 31 deste mes baixo o nome de “Teatro en Ribadeo”. As xornadas nas que tamén colabora o Concello desenvolveranse no Teatro a partir das 20:30 horas. No primeiro día contarase coa presenza de Comba Campoy e Juan Silvent, fillo dun dos creadores de Barriga Verde que presentarán o documental “Morreu o Demo, acabouse a peseta”. Pola súa banda, o mércores Francisco Piñeiro e Toni Deaño abordarán o tema “Teatro afeccionado na Mariña. Teatro en Ribadeo” para dar paso á representación de “O cego”, de Daniel Cortezón, interpretada polo grupo de teatro da A.C. Francisco Lanza baixa a dirección de José Rico.
XI Xornadas de Historia Local da A.C. Francisco Lanza
XI Xornadas de Historia Local da A.C. Francisco Lanza
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’