As Concellerías de Educación e Xuventude informan que “aqueles/as estudantes empadroados/as en Burela e que estean a realizar estudios fóra poderán acollerse aos bonos-desconto concertados coa empresa ARRIVA para as viaxes que fan a Lugo, Santiago e A Coruña”. As persoas interesadas poden chamar ao 982 58 06 09 ou dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa do Concello, onde poderán realizar os trámites correspondentes. Deberán presentar o carné de identidade e copia ou xustificante matrícula deste curso. Os días 2 e 3 de setembro poderán facerse as solicitudes para a primeira entrega de bonos.
Bonos desconto para universitarios bureleses
Bonos desconto para universitarios bureleses
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo