O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organizou un taller de manualidades e reciclaxe en galego dirixidos aos nenos e nenas dos Concello do Valadouro. Nesta actividade realizaronse diferentes manualidades cos rapaces, explicadas todas elas en galego para que, traballando, divertíndose e xogando, aprendan ou reforcen coñecementos lingüísticos en galego. Empregaron nas manualidades materiais de refugallo como CDs vellos e corchos de botellas. Estaban destinados a nenos e nenas de idades comprendidas entre 4 a 12 anos.
Manualidades en galego
Manualidades en galego
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo