O sábado 31 de agosto celebrarase a VII Mostra Folclórica de Lourenzá na praza do Conde Santo. Comezará ás sete da tarde, ao remate da saída dos Cocos. Na mostra, organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, actuarán a Escola Municipal Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e a Asociación Cultural Río Miño, de Portomarín. Se as condicións meteorolóxicas o permiten realizarase na praza do Conde Santo, pero en caso de choiva trasladarase ao pavillón polideportivo municipal.
Mostra Folclórica na praza do Conde Santo en Lourenzá
Mostra Folclórica na praza do Conde Santo en Lourenzá
Relacionado
-
O pasado sábado, 20 de maio, celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro
-
A Garda Civil detivo en Ribadeo a un veciño de Tapia de Casariego, de 27 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública (tráfico de drogas)
-
O Club de Remo Celeiro participou esta fin de semana no Campionato Galego de bateis