Este luns 2 de setembro, o Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira” de Alfoz e O Valadouro estreou nova obra de teatro. Foi en Ferreira do Valadouro, dentro da Semana do Teatro do Valadouro. A obra estreada foi “Deusas”, orixinal de Pepe Peinó. Seis actrices deron vida a cinco deusas do Olimpo e unha aprendiz de deusa que reflexionaron durante 40 minutos sobre as limitacións da vida humana e sobre a felicidade. As actrices foron Sabela Quirós (Atenea), Lara Fanego (Afrodita), Andrea Geada (Hestia), Tania Pernas (Hera), Cristina Trigo (Artemisa) e Rocío Sixto (Iaso). Esta é a cuarta obra que representa “A Maseira” nos seus dous anos de existencia, despois de “Asasinato na tenda de roupa”, “Diñeiro negro” e “A Caixa de Pandoriña”.
Estrea da obra de teatro de ‘A Maseira’
Estrea da obra de teatro de ‘A Maseira’
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”