Lugo 20 de setembro 2013.- Os mozos de Novas Xeracións da Provincia de Lugo veñen de consensuar a liña que a formación política vinculada aos populares seguirá durante este novo curso político.
O comité de dirección, presidido por Daniel Vega, permitiu establecer unha proxección das novas actividades, e serviu como mesa de debate para que os mozos da formación analizasen tanto as propostas que lles traslada a xuventude, como a maneira de darlles resposta.
O presidente provincial explicou que os esforzos de Novas Xeracións estiveron sempre dirixidos a posta en marcha de proxectos que responderan ao que os mozos necesitan e ao que lles preocupa.
Así, os mozos populares centráronse no sector educativo e sanitario, como unhas das áreas prioritarias, sobre as que consideran que deben dar unha maior de información, tentándose chegar as áreas universitarias e ser así o “nexo de unión entre os universitarios lucenses e o Partido Popular”.
Daniel Vega valorou de moi positiva esta primeira xuntanza, coa que lle dan inicio ao novo curso político que toman con “máis forza, se cabe, e con ansia de traballo”.