O restaurante A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo, celebra ata o 30 deste mes a quincena dedicada ao polbo a prezos reducidos, 3 euros a ración de empanada e 9 a ración de polbo tanto á feira, ao ajillo, á vinagreta, encebolado, á prancha, con ameixas, con gambas ao ajillo ou con fabas, ademais de patatinas con polbo, fritos de polbo ou ensalada de polbo. Estas xornadas enmárcanse no variado programa de actividades que o establecemento, no que Miguel González exerce de xerente e cociñeiro, organiza ao longo do ano. Ademais, mantén a carta habitual cunha gran variedade de mariscos, pescados e carnes da zona en diferentes preparacións e o menú do día con tres primeiros pratos e outros tantos segundos a elixir. O teléfono para reservas é o 982 12 96 08.
Quincena do polbo na Dorada do Cantábrico
Quincena do polbo na Dorada do Cantábrico
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder