O pasado sábado 21 de setembro de 2013, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou unha ruta que ningún sendeirista debería deixar de facer, a Ruta do Cares. Nela participaron unhas 40 persoas, que tras percorrer uns 23, 5 km aproximadamente cruzaron de Posada de Valdeón a Poncebos, repoñendo forzas en Caín. A ruta tivo, como non podía ser doutro xeito, unha gran aceptación e os sendeiristas deron fe da preciosidade da mesma e os encantos que esconde, magnificados polo impresionante día do que se disfrutou. A palabra mais repetida despois desta viaxe á “Garganta Divina” foi “impresionante”; aínda que, iso sí, algúns mostraban claros síntomas de cansazo, tanto pola dureza da ruta como polo longo desprazamento que se fixo en autobús, con mais de 5 horas de viaxe para ir e 3 horas para volver e cun importante madrugón, xa que se saíu ás 6 da madrugada da praza do Conde Santo en Lourenzá e regresouse en torno as 23 horas. A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, xa está traballando na próxima ruta, que terá lugar o día 13 de Outubro e será a Ruta da Auga de Guitiriz.
Sendeiristas de Lourenzá en Cares
Sendeiristas de Lourenzá en Cares
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’