“A lingua galega mola” é o lema gañador do Concurso de carteis a prol da lingua que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organizou este verán para promocionar o uso da lingua galega na mocidade mariñá. Os participantes, nenos e nenas de entre 4 a 12 anos, debían realizar un deseño gráfico orixinal e un breve comentario en galego a prol da lingua, onde se valoraríase a orixinalidade e a creatividade dos debuxos e dos seus comentarios, independentemente da súa perfección técnica. Ademais do debuxo gañador, de Saúl de oito anos e do Concello de Barreiros, seleccionáronse outros para confeccionar carteis e marcapáxinas que serán repartidos pola técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade e polos alcaldes polos colexios da Mariña Lucense nos vindeiros días. Esta actividade forma parte do Programa de Dinamización do Servizo de Normalización Lingüística coa finalidade de promocionar o o uso da lingua galega na comarca mariñá.
A lingua galega mola
A lingua galega mola
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo