A plataforma iniciou, a petición dos asociados e simpatizantes, charlas informativas nas que se da cumprida información á carta certificada de ton ameazante por Begasa aos titulares de subministros que non cambiaron o contador. Neste sentido a plataforma reuniu a máis de 35 persoas en Barreiros o martes e 48 persoas en San Cibrao este mércores. Está prevista unha charla en Forxán para a tarde deste xoves.
Cabe destacar a presenza de veciños de Abadín na charla de Barreiros en busca de información sobre cales son os seus dereitos e cales son as súas obrigas respecto á substitución de contadores. Neste sentido estase planificando unha charla no municipio de Abadín na que a Plataforma expresará aos veciños o seu punto de vista.
Respecto á carta de Begasa a plataforma está recomendando aos veciños que non a contesten, xa que en ningún momento pode Begasa aportar certificado de comunicar debidamente aos usuarios o cambio de contador, se ben tamén proporciona un modelo de contestación para os socios que teñan interese en contestar.
O presidente da plataforma anuncia noticias moi positivas en breve e recorda que o Valedor do Pobo non so solicitou dúas veces a contestación ás demandas da Plataforma ao Conselleiro de Economía e Industria, senón que xa lle advertiron de que se persiste nesta actitude de non contestar verase obrigado a advertirlle das consecuencias legais que isto supón. Recordamos que levamos dende outubro dol ano pasado reclamando esta documentación obrigatoria por varios camiños sen obter resposta algunha un ano despois.