Burela, 24 de outubro de 2013. Este venres abre as súas portas a Feira Expomar Cabo Verde. A Xunta e Burela estarán presentes nesta cita para estreitar os lazos pesqueiros e socioeconómicos entre ambas zonas.
Ata o país africano viaxou a xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez Luengo, “que está alí para axudar en todo o que se poida”, segundo explicou este mediodía o alcalde de Burela, José Mª González Barcia. O rexedor lembrou as xuntanzas preparatorias mantidas nos últimos meses, algunha delas no Concello burelés, para poder materializar a participación de Burela e de Galicia nesta feira “co obxectivo de estreitar relacións pesqueiras comerciais e socioeconómicas entre Cabo Verde e Galicia”.
A Feira Expomar Cabo Verde terá lugar desde este venres ata o domingo 27 de outubro.