O vindeiro sábado 26 de outubro comezarán os enfrontamentos do campionato de tute que organiza a Asociación de veciños do burgo de Trasbar no marco das actividades anuais. As partidas celebraranse durante as fins de semana en horario de tarde (sábado a partir das 18.00 h e os domingos a partir das 17.00 h) no Local social de Trasbar. Neste campionato están inscritas 10 parellas que terán que enfrontarse entre si, a unha soa volta, antes da data de finalización do torneo, prevista para o 11 de xaneiro do 2014. As tres primeiras parellas clasificadas recibirán os seus correspondentes trofeos durante unha cea que terá lugar no Local social ao remate do campionato. Logo de rematar o campionato de tute comezará o de parchís, para o que temos inscritas 11 parellas.
Comeza o III Campionato de Tute de Trasbar
Comeza o III Campionato de Tute de Trasbar
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”