Barreiros, 24 de outubro de 2013. A programación Cultura no Camiño 2013 da Xunta chega de novo a Barreiros para celebrar o días das bibliotecas e da música. A A.C.Brigantia ofrecerá un concerto o sábado, 26 de outubro, a partires das 18:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme.
A.C.Brigantia está formado por Julia Dopico á bandurria, Daniel Adzemian á guitarra e José L.Mera é o recitador poético.
O acto está organizado pola Xunta, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros.
E o domingo, 27 de outubro, o teatro será o protagonista en Barreiros. O grupo A Adala porá en escena a obra Atoados. Será ás 18:30 horas tamén no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
A actividade está organizada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través do proxecto teatral Buxiganga e conta coa colaboración da Concellería de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil de Barreiros.