Este xoves 3 de outubro ás 20:30 horas terá lugar na CASA DAS LETRAS de Ribadeo a presentación do libro “El oro de Salave. Minería, especulación y resistencias” publicado por Cambalache ecoloxía. Cambalache é un proxecto social autoxestionado que trata de xerar espazos de encontro e intercambio nos que compartir resistencias ao capitalismo a través da creación dun discurso propio. A febre do ouro, que nas últimas décadas supuxo a irrupción das corporacións mineiras en boa parte de África e América Latina, chegaron tamén ao Estado español, e concretamente a Asturias. Este libro é unha contribución á loita contra o proxecto dunha mina de ouro no occidente asturiano. Alí, nas inmediacións de Tapia de Casariego, hortas e ganderías ecolóxicas, escolas, peixerías tradicionais e o ecosistema singular das lagoas de Silva atópanse ameazadas. Previamente á presentación do libro proxectarase o documental “El oro de Salave” na tenda-bar Amodiño, ás 19.00 horas.
Presentación do libro ‘El oro de Salave’ en Ribadeo
Presentación do libro ‘El oro de Salave’ en Ribadeo
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece a segunda actividade dun ciclo dedicado a facilitar a inclusión na aula do alumnado con Trastorno do Espectro Autista
-
O pasado sábado desputouse o campionato provincial de xadrez en Viveiro
-
O pasado sábado, 20 de maio, celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro