Este venres día 4 de outubro terá lugar a presentación do novo curso da Asociación cultural Saíñas de Xove, este acto celebrarase no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove as 19:00h.
As actividades ofertadas son as seguintes:
– Baile, poderán inscribirse os nenos que cumpran os 6 anos durante o 2013.
– Pandeireta, nenos e nenas que cumpran os 5 durante este ano 2013.
– Gaita e percusión, a partires dos 9 anos
Os ensaios de baile e pandeireta serán os venres a partires das 18:30 dependendo das idades, e os de gaita e percusión os xoves a partires das 20:00h. Calquera persoa interesada en inscribirse deberá acudir ou ben o día da presentación ou ben calquera día de ensaio (xoves ou venres dependendo da actividade)
A Taberna
Neste acto tamén se fará a presentación do DVD “A TABERNA”, espectáculo de música e baile tradicional galego que se mostrou ao público o pasado 31 de Agosto en Xove, e no cal participaron tódolos socios de Saíñas.