A Asociación Atalaia convida a participar o vindeiro xoves 24 de outubro, a partir das 17.00 horas, no antigo lavadoiro da rúa Fornos na súa tertulia de Outono. Este ano o tema a tratar será o comic, sendo o convidado o mozo guionista e ilustrador Kike J. Díaz. Ademais, convidan tamén ao paseo en memoria do debuxante e guionista suso Peña que terá lugar o xoves 31 de outubro saíndo ás 17.00 horas de fronte á casa que habitou durante moitos ano na Fonte Nova.
Tertulia de Outono sobre o comic
Tertulia de Outono sobre o comic
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove