Baixo o lema “Comparte un sorriso”, NNXX da provincia de Lugo inicia unha campaña solidaria que consiste na recollida de xoguetes para no mes de xaneiro doar a Cáritas. Para inaugurar esta acción, este venres 22 de novembro, celebrarase unha cea benéfica no Restaurante Torre de Núñez ás 21.30 horas e que terá como convidada especial á cantante de O Incio, Lucía Pérez. Todo asistente deberá levar un xoguete en bo estado que depositará nun lugar habilitado para tal efecto.
Cea campaña NNXX “Comparte un sorriso”
Cea campaña NNXX “Comparte un sorriso”
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo