Este xoves, 21 de novembro, e continuando coa programación dos “Xoves Musicais” organizados polo colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA, a profesora de canto do Conservatorio profesional de Música, Montse Expósito Cao e dúas alumnas, Mª Jesús Vale Fraga e Mª Vicenta Maragoto, ofrecerán un recital lírico de arias e cancións. Estarán acompañadas ao piano polo profesor Plácido Travieso Fernández. O recital dará comezo ás 20:30 horas no salón de actos do Conservatorio de Música, onde cada xoves deste mes de novembro está programada unha actuación. Os “Xoves Musicais”, abertos pola cantautora ribadense Carme Rodríguez tiveron continuidade coa actuación do grupo de clarinetes “Sol en cuarta” que foi seguido por máis dun cento de persoas. A entrada é libre até completar o aforo da sala.
Continúan os Xoves Musicais de Pensamento e Sementeira
Continúan os Xoves Musicais de Pensamento e Sementeira
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo