O Valadouro, 21 de novembro de 2013.- O presidente do PP de O Valadouro, José Manuel Lamela puxo en valor as axudas do Executivo Galego en materia de emprego.
O popular manifestou que gracias ao Plan de Cooperación que puxo en marcha a Xunta de Galicia, concretamente a Consellería de Traballo e Benestar, tres cidadáns de O Valadouro, que se atopaban en situación de desemprego, foron contratados para desenvolver sendas labores no municipio cunha periodicidade de seis meses.
“O departamento de Beatriz Mato, financiou con 19.449,90 euros, a contratación destes tres traballadores”- salientou José Manuel Lamela, quen engadíu que levarán a cabo traballos de mantemento de infraestructuras municipais, xestión de residuos e promoción do deporte e tempo libre.
Concluíu o popular agradecendo a Xunta de Galicia o seu compromiso co concello de O Valadouro posto que gracias a esta iniciativa xerouse emprego nun momento de gran demanda de traballo no municipio.