Mujeres en Igualdad Burela participou nos acots organizados polo Concello de Burela cunha mesa informativa situada na porta principal da Casa do Concello repartindo lazos morados, chapas conmemorativas e catálogos de prevención de violencia de xénero, así coma información sobre cando denunciar e ante que organismos. Así mesmo, participaron novamente nos actos organizados polo Concello que incluía unha conferencia impartida por unha técnico do CIM baixo o título “Mujer, que es el CIM”. A presidenta do colectivo, Mary Fraga, fai especial fincapé na prevención e o asesoramento por parte de pais, titores, profesores, etc. de cara á educación dos nenos dende idades moi temperás para previr condutas violentas que se poidan desenvolver no futuro.
Mujeres en Igualdad Burela, no Día contra a violencia de xénero
Mujeres en Igualdad Burela, no Día contra a violencia de xénero
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”