A asociación de veciños do Burgo de Trasbar sortea unha cesta de Nadal valorada en 257€ que lle tocará a persoa que asine o número que coincida coas dúas últimas cifras do primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional, do día 22 de decembro. Dende a directiva agardan poder mostrar a cesta o día da celebración do magosto (o 16 de novembro) para que a xente interesada en participar no sorteo poda escoller o seu número e asinalo. Lembrámoslle a toda a xente que queira xogar o mesmo número de lotaría ca nos, que o pode facer, solicitando o décimo no local social.
O Burgo de Trasbar adiántase ao Nadal
O Burgo de Trasbar adiántase ao Nadal
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder