O grupo de teatro afeccionado EL CIOYO, de Castropol, estará no Teatro de Ribadeo o sábado 21 de decembro ás 20.30 horas nunha actividade organizada pola Sociedade Amigos da Gaita. Representan ‘A difunta y outras herbas’, un texto de enredo de José Ramón Oliva escrito no galego de Asturias. A dirección é de Eligio Lombardero e o prezo da entrada, 2 euros. Sinopse: Xosefa, unha viúva de forte carácter trae amargada a servidume da casa que decide pór fin a tanto maltrato. Comeza así un sarillo no que participa o sobriño da ama, a súa impulsiva muller, un cabo da Garda Civil e Lola a pitonisa…
‘A difunta y outras herbas’, o sábado en Ribadeo
‘A difunta y outras herbas’, o sábado en Ribadeo
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”