Aberto o prazo de inscrición para os Enredos de Nadal de Cervo, que como novidade desenvolveranse nesta ocasión en tres puntos diferentes do municipio, como son a Casa do Mar de San Cibrao, o Ecomuseo de Cervo e as antigas escolas de Rúa. No caso de San Cibrao serán os días 23, 26, 27 e 30 de decembro, e 2 e 3 de xaneiro, en dous grupos, un de 11 a 12:30 e outro de 12:30 a 14 horas. En Cervo a actividade ofrecerase os días 23 e 30 de decembro e en Rúa os días 26 de decembro e 2 de xaneiro, en ambos casos ás 16:00 horas. O prazo de inscrición está aberto.
Aberta a inscrición nos Enredos de Nadal de Cervo
Aberta a inscrición nos Enredos de Nadal de Cervo
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove