O vindeiro sábado 21 de decembro, na Praza da Fontenova, terá lugar a campaña de Nadal para recadar e poder asistir a todas as familias necesitadas con caixas de alimentos para este Nadal, datas solidarias, e seguindo a pauta do Papa Francisco, atendiendo á caridade. Cáritas Interparroquial cos mozos das parroquias está traballando “con entusiasmo” neste proxecto no que vai de mes para telo todo a punto para o sábado 21; polo tanto, rogan que ao longo de todo ese día se acheguen os veciños e veciás á Praza da Fontenova a colaborar na medida do posible. “Todos podemos prescindir de algo e contribuír a esta boa causa e, como dicía Francis Bacon: La caridad nunca es demasiada”.
Campaña de Nadal de Cáritas Interparroquial de Viveiro
Campaña de Nadal de Cáritas Interparroquial de Viveiro
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder