O RIBADEO F.C. celebra o seu centenario o venres 27 de decembro no Teatro. Ignacio Meitín Buján (xornalista deportivo de La Voz de Galicia) presentará o acto que dará comezo ás 20.30 horas. Posteriormente proxectaranse imaxes do Ribadeo FC. Tamén haberá unha charla coloquio con José Pulpeiro Doval (ex-pte. do club), Vicente Castro (concelleiro de Deportes), José Luís Barrera (da familia Barrera), Víctor López Pérez (pte.) e Ramón Santiago Fernández-Reinante (pte. da asociación deportiva Veteranos do Ribadeo F.C). Tamén intervirán Eliseo García Bouso, autor do himno do Ribadeo FC, e a Coral Polifónica de Ribadeo e a Banda de Música Municipal de Ribadeo interpretarán o himno.
Centenario do Ribadeo FC
Centenario do Ribadeo FC
Relacionado
-
O pasado sábado desputouse o campionato provincial de xadrez en Viveiro
-
O pasado sábado, 20 de maio, celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro
-
A Garda Civil detivo en Ribadeo a un veciño de Tapia de Casariego, de 27 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública (tráfico de drogas)