Este sábado a partir das 17.00 horas Papá Noel estará esperando a todos os nenos e nenas na Casiña instalada na Praza Maior de Viveiro dende principios de semana. Recollerá cartas, sacarase fotos con grandes e pequeños e repartirá caramelos para endulzarnos un pouquiño este Nadal.
A partir das 18.00 horas, 35 nenos de 6º curso do colexio Lois Tobío acompañarano cantando villancicos na Praza Maior e despois polas rúas do Casco Histórico. Eles serán os que poñan as nosas rúas decoradas con luz e cor, esas notas de música tan especiais nestas datas. Ao tempo que pedirán o aguinaldo para poder sufragar parte dos gastos da súa excursión de fin de curso.
O domingo o comercio abrirá as súas portas en horario especial de 11 a 14 e de 17 a 20 horas, para que os clientes poidan realizar as súas compras de Nadal. Compras coas que se seguen entregando papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ao longo dun ano. En total repartíronse 100.000 números entre os comercios asociados, dos que xa o 60% está en mans dos clientes habituais do Casco Histórico de Viveiro, os clientes que seguen apostando polo comercio local.