Burela, 31 de xaneiro de 2014. A concelleira de Educación e Cultura, Mónica Pedre, anunciou este venres que a Consellería de Cultura e Educación, da Xunta de Galicia, concedeulle ao Concello de Burela unha subvención de 1.661 euros para a Escola Municipal de Música.
A edil popular sinalou que “dende o goberno municipal valoramos positivamente esta achega, que entendemos que é significativa. O que botamos en falta é unha maior implicación da Deputación Provincial en materia de axudas para o fomento da cultura no noso concello”.