As condicións meteorolóxicas continúan a dificultar as tiradas da Liga de Bolos de Xove que na última xornada contou cunha tarde fría e desapacible e cun campo en malas condicións.
Liga Sénior Masculina
Álex Meitín deu un paso de xigante conseguindo a súa sexta vitoria da temporada que lle permite irse aos 111 puntos na clasificación, 24 máis que José Rafael, que só puido ser oitavo. A falla de 5 tiradas, e a tenor do nivel e a seguridade coa que está xogando Álex, parece unha vantaxe case que definitiva para esta XXV edición. Moito tería que cambiar para que Álex perdera esta Liga. O que xa practicamente ninguén lle podería quitar é a segunda posición; xa que os terceiros na clasificación (Jose Vigo e Francisco Pérez) están a 42 puntos. Polo tanto, no último tramo do campionato só José Rafael podería asaltar o liderato; a pesar de que os números de Álex son incontestables: nas últimas 6 tiradas conseguiu 4 vitorias, un segundo e un cuarto posto. Para a terceira posición, e incluso para asaltar esa cómoda segunda posición que mantén José Rafael cun colchón de 18 puntos, temos 4 xogadores que aínda poderían, polo menos matematicamente, acceder a esa praza nas 5 tiradas restantes. Polo tanto, Jose Vigo, Francisco Pérez, Arturo Vigo e Sócrates Campo que están cunha diferencia dun punto, o máis lóxico é que pelexen entre eles por esa terceira posición de honra final.
Liga Sénior Feminina
Nova vitoria de Belén Meitín, e van 9 no cómputo desta temporada. Con 72 puntos, 34 máis que Dolores Baño, e a falla de 35 puntos máximo por disputar, é a virtual campioa desta Liga.
Por debaixo de Belén temos un grupo de 4 xogadoras que pelexarán polas 4 prazas restantes. Dolores Baño con 38, Paula Campo con 34, Salomé Bermúdez con 33 e Concepción Piñeiro con 26 disputaranse as dúas posicións no podio que quedan. Ningunha das catro está a desplegar un xogo que lle permita mostrarse superior ao resto, polo que nas 5 tiradas que quedan seguramente imos ver unha bonita rivalidade entre elas.
Liga Sub 18
O máis destacado desta tirada volveu a ser a vitoria de Miguel López, a súa segunda nesta edición, que lle permite desprazar a Isaías Cardoso da terceira posición e achegarse aos dous cabezas da táboa. Polo tanto, a falla de 5 tiradas, temos a Daniel López comandando unha semana máis con 51 puntos, seguida de Salomé con 45, Miguel López con 40, Isaías Cardoso con 38 e Daniel Alonso con 32. Tendo en conta as tiradas que quedan e o tipo de campos nos que hai que xogar, o máis lóxico é que Daniel López e Salomé Cardoso pelexen polos dous primeiros postos, e Miguel López e Isaías Cardoso polo terceiro. Pero bueno, aínda pode pasar de todo, xa que quedan 35 puntos máximo por disputar e as diferenzas entre eles non son moi grandes.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIL DE O CRUCEIRO o sábado 1 de marzo de 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE (25 XANEIRO 2013) 35 INSCRITOS: 17 NA LIGA SENIOR, 10 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ALEX MEITÍN SERANTES | 240 | 12 |
SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 228 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 225 | 8 |
CUARTO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 216 | 7 |
QUINTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 209 | 6 |
SEXTO | JORDI MEITÍN SERANTES | 195 | 5 |
SÉTIMO | ARTURO VIGO CASABELLA | 194 | 4 |
OITAVO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 188 | 3 |
NOVENO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 179 | 2 |
DÉCIMO | JOSE VIGO LAGE | 165 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 82 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 148 | 6 |
SEGUNDO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 86 | 4 |
TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 85 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 82 | 2 |
QUINTO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 75 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 46 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 69 | 6 |
SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓEZ | 69 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 48 | 3 |
CUARTO | BRENDA SUÁREZ AZOGUE | 39 | 2 |
QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 36 | 1 |
MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROUCO | 39 | 1 |