As monitoras de Gaia impartiron este mércores na Fundación Eu Son de Burela unha charla sobre os residuos que se depositan no colector amarelo, “así coma uns sinxelos consellos cos que se pode reducir a producción destes residuos no fogar”. Desde a Concellería de Medio Ambiente sinalan que “con pequenos xestos diarios podemos contribuír, entre todos, a minimizar a xeración de residuos urbanos, conseguindo deste xeito non só importantes beneficios ambientais, senón tamén económicos e sociais na procura dunha sociedade máis sostible”. As actividades impartidas polo Concello burelés, a través de Gaia, teñen coma obxectivo motivar aos participantes sobre a separación de residuos e a recollida selectiva para facilitar a súa reciclaxe. As monitoras subliñan que “pretendemos informar da importancia de separar os envases de forma correcta e queremos recalcar que o colector amarelo é para a recollida de envases de plástico, latas e briks”.
Charla de Gaia sobre residuos na Fundación Eu Son
Charla de Gaia sobre residuos na Fundación Eu Son
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder