Lourenzá, 31 de xaneiro de 2014. Os premiados no certame de poesía de Nadal 2013 da biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, recibiron os seus agasallos e diplomas.
No acto participaron a alcaldesa, Emma Álvarez; a concelleira de Cultura e presidenta do xurado, Lupe Flórez; a técnica de Cultura, bibliotecaria e secretaria do xurado, María José López; a educadora familiar, Dolores Villasuso, que tamén formou parte do xurado, no que ademais estaba a traballadora social, Pepa García, que non puido asistir á entrega de premios.
No acto estiveron todos os premiados agás unha nena, que non puido asistir por atoparse enferma.
As fotos foron realizadas pola fotógrafa local Lucía Valea, a quen o Concello agradece o seu traballo.
Gañadores do Certame de Poesía de Nadal 2013
Categoría A (ata 8 anos)
1º premio | Claudia Carril Cabaleiro |
2º premio | Nerea Álvarez Valea |
3º premio | Safae Tazaghart |
Categoría B (de 9 a 11 anos)
1º premio | Antía Lillo Irimia |
2º premio | Elena Lodos Uz |
3º premio | Xaquín Sánchez Villalba |
Categoría C (de 12 a 16 anos)*
1º premio | Zohra Itrih |
2º premio | Adnan Itrih |
3º premio | ——— |
* O terceiro premio desta Categoría queda deserto, ao non presentarse máis que os dous traballos seleccionados.