05 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Fraga das Saímas celebra os 104 anos da súa socia de honra, Xulia Vidal

07-01-14

juliaSanto André de Boimente, 7 de Xaneiro de 2014.- O colectivo “Fraga das Saímas” e todas as súas socias espertaron este martes 7 xaneiro coa boa nova do 104 aniversario da súa veciña e socia de honor, Dona Xulia Vidal. Cumpreanos que celebrou o día de Reis na súa casa dos Leás acompañada polos seus familiares máis cercanos e queridos (as súas biznetas Lorena e Yanira, a súa neta política Merche, o seu neto Luis e a súa nora Marisa).

A nosa centenaria dona Xulia, traballadora infatigable, sempre demostrou unha grande fortaleza e valor ao longo da súa vida, loitando día a día polos seus seres máis queridos e mantendo ese profundo sentimento de amor pola terra. Unha muller digna de ser admirada e todo un exemplo a seguir polas novas xeracións de galegas e galegos.

Mulleres coma Dona Xulia son as que poñen en valor o papel que desempeñaron as nosas labregas a través da súa entrega ao traballo no campo e a loita pola súa propia existencia e dignidade.

As mulleres do colectivo Fraga das Saímas, desde a nosa máis profunda admiración e cariño, desexámoslle a Dona Xulia todo o o mellor neste día e felicitamos a súa familia por continuar disfrutando do seu máis prezado regalo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive