REGAL CERAMICA acaba de participar na décima edición da feria de Maison & Objet de París, na que tivo gran éxito. Tras a boa acollida de pasadas edicións segue mantendo os clientes existentes e facendo outros novos clientes. Nesta ocasión, fixeron pedidos dende Rusia, EEUU (Mimesota), Chipre, Gran Bretaña e Francia. A peza que máis se comercializou nesta feira foi “A Barqueira”, Obra de Autor de Otero Regal, de edición limitada, da que só se fabricarán 100 unidades. En xeral, a maioría dos pedidos foron de pezas de edición limitada e obra artística de Otero Regal. Con estes resultados, Alfonso Otero Regal manifesta que “pensamos seguir participando en edicións consecutivas, se teñen a ben seguir invitándonos Les Ateliers de France, dentro do apartado de Metier d´Art”.
Otero Regal participou na X Maison & Object de París
Otero Regal participou na X Maison & Object de París
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove