Baixo a o proxecto ‘A TRAVÉS DA MIRADA. I’ realizaranse intervencións no centro histórico de Ribadeo cos traballos do alumnado de Plástica do IES de Ribadeo. A primeira intervención plástica mostrarase no Kiosko da Música, no parque de San Francisco. As máscaras, penduradas dende un espazo que permite observar o tránsito das persoas están feitas co molde dos rostros de rapazas e rapaces da vila e pintadas de xeito que reflicten pensamentos individuais ou simplemente fálannos en clave de festa colectiva. As cores primarias e rechamantes aluden á intensidade das emocións que se viven nestas datas, nas que as relacións entre as persoas cambian co emprego da máscara, xa que esta saca o verdadeiro “eu”, aquel directo, despreocupado, feliz… Estarán expostas durante unha semana aproximadadente.
A voltas coa arte e o Entroido en Ribadeo
A voltas coa arte e o Entroido en Ribadeo
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove