Este luns de 3 marzo os usuarios do Centro San Aníbal de Burela realizaron coas monitoras de Gaia un obradoiro de reciclaxe de papel. A actividade constou de dúas partes: unha charla sobre a reciclaxe, facendo fincapé en qué se debe depositar no contedor azul e un obradoiro de realización de papel a partires de papel usado. As monitoras de Gaia incidiron “nos beneficios que supón reciclar papel: aforro de auga, enerxía, materias primas e reducción das emisións á atmósfera de dióxido de carbono, así como no sinxelo que resulta reciclar o papel usado e o cartón nos fogares.
Charla sobre reciclaxe de GAIA
Charla sobre reciclaxe de GAIA
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder