Este venres os alumnos de 5º de Primaria do CEIP Virxe do Carme estiveron de excursión por Burela acompañados polos seus mestres e polas monitoras de Gaia. Esta vez visitaron as distintas fontes e lavadoiros da localidade. O pasado 22 de marzo foi o día mundial da auga “e aproveitamos esta ocasión para que os rapaces se decaten de que a auga é necesaria para a vida e para que saia polas billas dos nosos fogares antes ten que facer un longo percorrido. Intentamos sensibilizalos para que realicen un uso sostible da mesma”, explicaron as monitoras de Gaia, do Concello de Burela.
O CEIP Virxe do Carme visita as fontes de Burela
O CEIP Virxe do Carme visita as fontes de Burela
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’