Os Sendeiros de Foz realizaron este domingo 30 de marzo a ruta das praias por Barreiros e Ribadeo. Un total de 20 senderistas participaron nesta camiñata de máis de 11 quilómetros que comezou na ría de Foz, do lado de Barreiros, ata rematar na Praia de Esteiro do municipio de Ribadeo. O percorrido puido facerse case todo pola area grazas á marea baixa. Tamén acompañou un bo día de sol. Ó seu remate degustaron un bo xantar no Restaurante A Yenca na praia de Reinante. A próxima ruta seá por terras de Avilés o 13 de abril. A foto é de L.Devesa.
Os Sendeiros camiñaron polas praias
Os Sendeiros camiñaron polas praias
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’