O Burela FS Pescados Rubén aproveitará a parada ligueira da vindeira semana para disputar as semifinais da XXIII Copa Galicia, coa visita do Azkar Lugo FS o vindeiro mércores, 12 de marzo, a Vista Alegre. O duelo entre castrexos e romanos arrincará ás 20.30 horas.
O club mariñán xa abriu a venda anticipada para gozar da emoción e o espectáculo do título galego. Ata o mércores a mediodía, todas as persoas interesadas poderán adquirir as súas entradas na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00).
O outro protagonista da final decidirase entre Cidade de Narón e Santiago Futsal.
SOCIOS
Gratuíto
PREZOS PARA NON SOCIOS
Adultos: 12 euros
Menores de 18 anos: 2 euros.
*Foto: A Caixa Escura Producións.