Organizada pola Asociación de veciños do Burgo de Trasbar, a parroquia cervense acolleu a festa da Pascua este domingo 20 de abril que reuniu a máis de 100 persoas de Trasbar, Burela, A Senra, Castelo ou Celeiro. Despois da misa de Pascua houbo sesión vermú co dúo Agua Marina que deu paso ó xantar. A festa rematou con baile e ovos de Pascua para os nenos. Dende a organización móstranse moi satisfeitos co resultado da xuntanza, xa que “cada ano somos máis e iso para nós é un aliciente para seguir traballando coas mesmas ganas ou, incluso, moito máis animados”.
Festa da Pascua en Trasbar
Festa da Pascua en Trasbar
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’