Unha veciña de Foz de 71 anos de idade foi atopada morta na súa casa na noite deste xoves 24 de abril nun posible caso de violencia de xénero.
O presunto agresor e marido da vítima, de 68 anos, veciño da mesma localidade mariñá, apareceu tamén sen vida nun anexo á vivenda.
Sen antecedentes por violencia de xénero
A Garda Civil mantén aberta a investigación para determinar o sucedido. Non hai constancia de antecedentes da vítima por violencia de xénero.
De confirmarse o seu falecemento como vítima de violencia de xénero, sería a terceira en Galicia e a número 22 que hai que lamentar en España no que vai deste ano.
A Delegación do Goberno en Galicia expresa a súa condea e manifesta a más enérxica repulsa cara todos aqueles que exercen calquera tipo de violencia, especialmente a que se exerce contra as mulleres. Tamén recorda a importancia da implicación de toda a sociedade e de que as mulleres denuncien, reiterando que poden facelo personalmente ante as forzas e corpos de seguridade ou a través do teléfono 016, que é un número gratuíto e garante a confidencialidade da chamada, que non queda rexistrado na factura telefónica.