Ribadeo, 24 de abril de 2014. O grupo de danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo foi convidado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo a participar no Encontro de Centros de Danza que terá lugar o vindeiro sábado, 26 de abril, na capital lucense. Durante a xornada matutina recibirán clases de distintos profesionais tanto do ámbito clásico como do moderno; e mesmo a profesora de danza e ballet da EMMeD, María Justo, impartirá clases de danza moderna ao alumnado doutros centros. Xa pola tarde, ás 19.30 horas no Auditorio Gustavo Freire, o grupo de danza da Escola Municipal de Música e Danza subirá ás táboas xunto cos demais centros convidados, no que será o peche desta xornada de confraternidade.
Danza en Lugo da man da EMMeD de Ribadeo
Danza en Lugo da man da EMMeD de Ribadeo
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”