As praias de Barreiros serán escenario ao longo das vindeiras semanas da campaña COGE 3, que presentaron nas últimas horas o alcalde, Alfonso Fuente, o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez, e o responsable da escola de surf Augas Santas, Óscar García. A campaña inclúe a instalación de contedores e de carteis informativos nos accesos aos areais nos que se dan diversas recomendacións para un uso responsable de praias e ribeiras: “comprobar que levamos de volta á casa todo o lixo xerado na nosa estancia nos areais; colaborar co mantemento de sendeiros e camiños para conseguir un mellor entorno común; e recoller polo menos tres plásticos, que se atopen tirados, sendo este un xesto que axude a manter limpo o litoral e evitar a inxestión en peixes e outros animais”.
Polo uso responsable de praias e ribeiras en Barreiros
Polo uso responsable de praias e ribeiras en Barreiros
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder