ACIA Foz entregou na noite do sábado 26 de abril os premios aos gañadores da Ruta de Tapas 2014, que foron: Cafetería Pastelería Anduriña, O Muelle Bar e Cafetería Xoyma. O acto desenvolveuse no transcurso da cea, que organizou a Asociación de Comerciantes, para celebrar o 26 aniversario da súa creación e na que foron presentados os novos membros da xunta directiva que preside José Carlos Paleo. Trátase das incorporacións dos propietarios de Pi-R, Ginzo Hombre Mujer e Decoraciones Pura.