O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolleu este martes un taller de ideas sobre iniciativas para moz@s. Esta actividade estivo dirixida a rapaces, entidades xuvenís, colectivos, técnicos e veciños en xeral maiores de 16 anos. Os participantes recibiron explicacións sobre a estrutura dunha iniciativa, a execución do proxecto, pautas para pasar do papel á realidade, prazos e cronograma, organización no tempo e metodoloxía práctica.Esta xornada estivo organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia, e pola Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros.
Taller de ideas en San Cosme
Taller de ideas en San Cosme
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’