Este domingo 27 de abril un grupo de máis de cincuenta persoas procedentes de Viveiro visitou a Torre Fortaleza de Pardo de Cela en Alfoz. A viaxe estaba organizada polo Seminario de Estudos “Terras de Viveiro”, que preside Carlos Nuevo. No castelo escoitaron unhas breves explicacións sobre a historia de Pardo de Cela e da súa fortaleza, viron un documental gravado hai catro anos polos veciños do concello e percorreron as dependencias da Torre Fortaleza, antes de continuar viaxe ata a cidade episcopal de Mondoñedo.
Terras de Viveiro visitou a Torre Fortaleza Pardo de Cela en Alfoz
Terras de Viveiro visitou a Torre Fortaleza Pardo de Cela en Alfoz
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’