O Grupo Humorístico Trípode volveu actuar o pasado domingo día 27 para os veciños da parroquia de San Xusto, en Barreiros. Foi no novo local parroquial, ás 19 horas. Algunhas decenas de veciños e visitantes asistiron á representación do “Xuízo anticorrupción” que Trípode vén representando por diversos lugares da Mariña. As actuacións de Trípode continuarán os vindeiros días 10 de maio (no Restaurante “A Naranxa”, de Alfoz) e o día 11 de maio (no local social da Asociación de Veciños de San Román, en Cervo).
Trípode continúa levando as súas actuacións pola comarca
Trípode continúa levando as súas actuacións pola comarca
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”