O Grupo Humorístico Trípode reanudou as súas actuacións este pasado sábado, día 20 de abril, nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante, a onde foron invitados pola Asociación de Veciños. As fermosas instalacións do Salón de Actos acolleron de novo as risas e os “desmadres”, nos que participaron varias persoas do público, como é habitual. As actuacións de Trípode continuarán a vindeira fin de semana: o sábado 26 no Centro de Día “Aloumiños” de Foz e o domingo 27 no local da Asociación de Veciños de San Xusto, en Barreiros.
Trípode reanuda as súas actuacións
Trípode reanuda as súas actuacións
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”